Curso 2026/2027
Como facerse socia/o
Consulta estes pasos antes de abrir o formulario de inscrición da ANPA.
Antes de abrir o formulario
Non necesitas un enderezo de Gmail, pero si unha Conta de Google. Podes usar unha conta creada co teu correo habitual, aínda que non remate en @gmail.com.
Sen unha Conta de Google non poderás acceder ao formulario actual. Escríbenos para que a ANPA che indique como completar a inscrición.
Prepara os datos
Ten á man os datos das persoas de contacto e do alumnado.Cota anual de socio/a: 15 € por familia.Ingreso en ABANCA: ES40 2080 0327 43 3040006678Titular da conta: ESPARIS ASOCIACIÓN PEDRA VIADA PAIS ALUMNOS COLEXIO DE BRION. Copia este nome exactamente no campo de beneficiario da transferencia.Concepto: Apelidos e nome da nai/pai/titor-a.Contacto: anpaiesdebrion@gmail.com
Cubre a inscrición
Engade polo menos unha persoa de contacto e un fillo ou filla. O segundo contacto e os demais fillos son opcionais.
Achega o xustificante
Podes subir un PDF ou unha foto lexible. O formulario admite un único arquivo de ata 10 MB.
Revisa e envía
Marca o consentimento obrigatorio, preme Enviar e agarda pola pantalla de confirmación antes de pechar.
Se non podes subir o recibo
Para achegalo no formulario tes que iniciar sesión na Conta de Google. Se non queres ou non podes subilo, envíao por correo a anpaiesdebrion@gmail.com.